Linwind – De Windows a Linux

Webmin, administra Linux (e outros UNIX) de forma fácil.

Escrito en: Linux o día 10 Setembro 2008

Webmin, administra Linux (y otros UNIX) de forma fácil.

Webmin é un ferramenta moi valiosa á hora de configurar calquera cousa no noso equipo. Cunha interface web pódense configurar aspectos internos de moitos sistemas operativos de forma rapida, comoda e sen rompederos de cabeza, entre outras cousas pódense configurar os usuarios, cotas de espazo, servizos, ficheros de configuración …. así como instalar, modificar e controlar moitas aplicacións, como Apache, PHP, MySQL, DNS, Samba, DHCP, entre moitos outras.

O menu do tema príncipal é o seguinte:

  • Webmin: Cambio de Idioma e Tema, Configuración de Webmin, Copia Seguridade Arquivos Configuración, Histórico de Accións de Webmin, Usuarios de Webmin, Índice de Servidores Webmin
  • Sistema: Arranque e Parada, Autenticación PAM, Cambio de Contraseñas, Comandos Planificados, Copia de Seguridade de Sistema de Arquivos, Históricos (Logs) do Sistema, MIME Type Programs, Paquetes de Software, Procesos en curso, Páxinas do Manual, Rotación de Históricos (Logs), Sistemas de Arquivo de Disco e Rede, Tarefas Planificadas (Cron), Usuarios e Grupos
  • Servidores: Compartición de Arquivos de Windows mediante Samba, Lectura de Correo de Usuarios, Servidor SSH, Servidor Web Apache
  • Outros: Cargas e Descargas, Comandos Personalizados, Comandos de Consola, Conexión Telnet/SSH, Directorios Web Protexidos, Estado de Sistema e de Servidor, Explorador de Arquivos, Módulos de Perl (CPAN), Túnel HTTP
  • Rede: Cliente e Servidor NIS, Configuración de Rede, Cortafuegos Linux, Monitorización de Ancho de Banda, PPP Dialup Client, Servizos e Protocolos de Internet, TCP Wrappers
  • Hardware: Administración de Impresoras, GRUB – Xestor de arranque, Grabadora de CD, Hora do Sistema, Particiones en Discos Locais

webmin servidores

Como podedes ver está totalmente completo, non lle falta de nada, pero se a vós fáltavos algo, ten a posibilidade de engadir novas funcionalidades sen moito esforzo grazas a ser un sistema modular.

webmin inicio

A imaxe de arriba é o primeiro que che aparece unha vez logueado, antes de chegar aquí vaiche a pedir usuario e contraseña da túa conta de administrador, (non a de root).

Para acceder a webmin o que imos facer é iniciar calquera explorador e entrar en https://localhost:10000 se estamos en local e non modificamos o porto, ou https://dominio_equipo:porto en caso de aceso remoto, o porto é configurable desde o propio webmin.

Podedes descargar o paquete *.deb *.rpm … clicando aquí.
Páxina Oficial :Webmin

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Cuando comenta está aceptando la Política de privacidad.

Denuncia Anonima Respuestas Para Todo El guru informatico

Sígue a Linwind

twitter / DacostaBalboa Facebook / DacostaBalboa Buzz / DacostaBalboa

Artígos relacionados

Máis popular

Lo mejor aquí: