Linwind – De Windows a Linux

Trisquel GNU/Linux 100% libre.

Escrito en: Linux o día 27 Decembro 2008

Trisquel GNU/Linux 100% libre.

Trisquel é unha distribución GNU/Linux, distribución recomendada por GNU e 100%libre. Aparte destes dous puntos ao seu favor podemos dicir que é unha distribución lixeira , sinxela e ademais cunha agradable contorna gráfica. Ten soporte para os idiomas galego (por defecto), español, catalán vasco, e inglés. E como xa vén sendo normal en moitas distribucións está baseada en Ubuntu LTS sen compoñentes privativos.

Trisquel é un proxecto que iniciou a Universidade de Vigo. O proxecto xurdiu da necesidade de crear un sistema operativo libre e en galego. A súa presentación oficial foi en abril de 2005 co apadriñamento de Richard Stallman, fundador da Free Software Foundation.

Programas comúns preinstalados

  • Kernel Linux 2.6.24
  • Gnome 2.22
  • OpenOffice.org 2.4 con correctores ortográficos.
  • Navegador Firefox 3 con varios complementos.
  • Cliente de correo e calendario Evolution.
  • Contorna de usuario 3D Compiz.
  • Máis de 24000 paquetes extra dispoñibles.

Web oficial: Uvigo – Trisquel GNU/Linux

Descarga Trisquel GNU/Linux 100% libre.

Galicia cada vez máis Libre

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Cuando comenta está aceptando la Política de privacidad.