Instalar e configurar un servidor FTP en Ubuntu.
Escrito en: Linux, Tutoriales o día 11 Febreiro 2009
Instalar y configurar un servidor FTP en Ubuntu.
FTP é un dos protocolos máis usados para enviar e recibir ficheiros de forma remota. Se che gusta poder acceder a determinados ficheiros do teu equipo cando estas en outro lugar , ter un servidor ftp arrincado no teu equipo é un posible solución.

Para crear o servidor podemos usar vsftpd, para a súa instalación poremos no terminal:
- sudo apt-get install vsftpd
Unha vez que termine a instalación iniciarémolo co seguinte comando:
- sudo /etc/init.d/vsftpd start
Para configuralo teremos que modificar o ficheiro /etc/vsftpd.conf con privilexios de administrador. Podemos facelo con calquera dos seguintes comandos:
- sudo vim /etc/vsftpd.conf
- sudo gedit /etc/vsftpd.conf
Atopases certas liñas que terán unha # diante, isto indica que están comentadas e non afectarán á configuración do servidor FTP. Neste documento podemos atopar determinadas liñas importantes:
write_enable
local_enable
anonymous_enable
Se non o comentas quitando # e pos ‘=YES’ conseguirás que se active a opción.
Unha vez que realizaches os cambios oportunos , para probar se funciona correctamente terás que reinicialo:
- sudo /etc/init.d/vsftpd restart
Como vedes, ter o voso propio servidor é moi sinxelo e moi útil.
Imaxe sacada da wikipedia.
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Artígos relacionados
- Instalar, configurar e usar un servidor OpenSSH.
- Configurar unha impresora de rede local en Ubuntu
- Meu servidor
- Instalar servidor FTP en Ubuntu
- Cherokee – Instalar servidor web lixeiro.
- Instalar Google Earth en Ubuntu Intrepid Ibex
- Instala un servidor e un CMS con Bitnami
- Instalar e configurar Compiz Fusion en Ubuntu 9.10 (Karmic)
- Instalar / Desistalar en Ubuntu
- uSBuntu – Instalar Ubuntu desde un USB
Máis popular
- Descargar DirectX 10 para Windows XP
- Descargar películas por Megaupload y Rapidshare.
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Rojadirecta, disfruta el deporte en directo.
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Juegos flash online - Friv.com






