Google Chrome faise maior, xa é 2.0
Escrito en: Google o día 23 Maio 2009
Google Chrome se hace mayor, ya es 2.0
A nova versión de Google Chrome, a 2.0, xa está dispoñible, como é lóxico esta versión achega moitas melloras respecto da versión anterior, un dato moi importante é o aumento da velocidade nun 30%, outras melloras que tamén me gustaron é a posibilidade de pór en pantalla completa con F11 (Totalmente Completa), auto recheo de formularios (botamola moito de menos en pasadas versións).
Este navegador, que aínda ten só uns meses, xa se fixo un oco en moitos equipos dos nosos fogares, outros moitos como eu estamos esperando pola versión difinitiva para Linux ou Mac OS.
Se tes a versión anterior, a primeira, para actualizalo terás que ir a Control de Chrome -> Acerca de Google Chrome e pulsar en actualizar. Se non o tes instalado podes descargalo dende o seguinte enlace: Descargar Google Chrome 2.0

O que máis me gusta de Google Chrome é a súa velocidade que agradezo especialmente en casos de equipos con pouca potencia, por exemplo no meu netbook, onde noto moito máis a diferenza. Prefiro executar Chrome a Firefox simplemente pola súa velocidade comentando que é a versión en fase de probas dispoñible para Ubuntu, é por iso, que pareceme un erro, por parte de Google, deixar a todos os usuarios que non usen Windows, de lado.
Se deseades coñecer máis acerca deste navegador antes de instalalo póñovos o seguinte vídeo explicativo da nova versión de Google Chrome:
Unha resposta to “Google Chrome faise maior, xa é 2.0”
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Artígos relacionados
- Xa dispoñible Google Chrome Extensions
- Google Chrome Portable
- Google Chrome dispoñible para a sua descarga.
- Modo incógnito en Google Chrome
- Chrome Extensions – Web de extensións para Google Chrome
- Versión final de Google Chrome
- Vídeo de Google Chrome OS
- Anunciado Google Chrome OS, Microsoft comeza a tremer.
- Chrome en Linux e Mac OS X antes de Xullo
- Steve Ballmer rise de Google Chrome OS
Máis popular
- Descargar DirectX 10 para Windows XP
- Descargar películas por Megaupload y Rapidshare.
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Rojadirecta, disfruta el deporte en directo.
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Juegos flash online - Friv.com







No meu netbook utilizo como navegadores arora,kazehakase ou ás veces ópera.
25 Maio 2009 a las 2:28 amArora usa webkit ó igual que Chrome,e nótase a rapidez.
Con Kazehakase podes escoller webkit ou gecko(con este vai máis liviano que firefox).
Ópera tamén vai bastante solto,tamén comentar que des que instalei jaunty con sistema de ficheiros EXT4,firefox(e o sistema en xeral) é bastante máis lixeiro,pero firefox inda vai a tiróns por momentos.
Saúdos.