Linwind - De Windows a Linux

Frases a recordar sobre predicións pasadas.

Escrito en: Sociedade o día 5 Xuño 2008

Leer en castellano: Frases a recordar sobre predicciones pasadas.

Sempre se lanzaron cheas de frases da informática e realmente todas quedaron curtas, algunhas che poden dar a risa.

En dous anos o problema do spam resolveuse
Bill Gates, 2004

O problema dos virus é pasaxeiro. Nun par de anos estará resolto

John McAfee, 1988

Os virus informáticos son unha lenda urbana
Peter Norton, 1988

En 2031, os avogados serán compoñentes habituais da maioría dos equipos de desenvolvemento
Grady Booch

Non se como será a linguaxe do ano 2000, pero se que se chamará Fortran
C. A. Hoare, 1982

No futuro é posible que os computadores non pesen máis de 1,5 toneladas
Popular mechanics, 1949

Vexo pouco potencial comercial en Internet, polo menos durante dez anos
Bill Gates, 1994

Antes de que o home alcance a lúa, o correo será enviado nunhas horas desde Nova York a California, Inglaterra, India ou Australia con mísiles guiados. Estamos en éraa do mísil-correo
Arthur Summerfield, 1959, Correos dos Estados Unidos

Todo o que pode ser inventado foi xa inventado

Charles H. Duell, Comisario de oficina de Patentes en EEUU, en 1899

Penso que hai mercado no mundo como para uns cinco computadores
Thomas J. Watson, Presidente da Xunta Directiva de IBM, sobre 1948

Podería parecer que chegamos aos límites alcanzables pola tecnoloxía informática, aínda que un debe ser prudente con estas afirmacións, pois tenden a soar batante bobas en cinco anos
John Von Neumann, sobre 1949

Pero, ¿para que pode valer iso?
Enxeñeiro na división de sistemas informáticos avanzados de IBM, falando sobre os microchips, en 1968

Non hai ningunha razón para que un individuo teña un computador na súa casa
Ken Olson, Presidente de Dixital Equipment Corporation, en 1977

640K deberían ser suficientes para todo o mundo
Bill Gates (Habría que probar o vista en esos 640k), 1981

Windows NT poderá direccionar 2GB de RAM, que é máis do que calquera aplicación vai necesitar xamais
Microsoft, durante o desenvolvemento de Windows NT, en 1992

Nunca seremos realmente unha sociedade sen papeis ata que a xente da Palm Pilot cren ‘WipeMe 1.0′
Andy Pierson
(Nota: Wipe é a tradución de toallita de papel)

Se as cousas seguen así, ao home se lle atrofiarán todas as súas extremidades excepto os dedos de pulsar os botóns
Frank Lloyd Wright (Esta creo que vai a ser real)

Visto en : Variable Not Found


Clic aquí para ayuda.
Articulos relacionados

Deixa unha resposta

Creative Commons License visitor stats Galaxia Linux Computers Blogs - Blog Top Sites TUXrank .. SITES Computers Blogs - Blog Top Sites Blogalaxia Ranking Web, top web por visitas, ranking sitios web TopOfBlogs Computers Blogs Computers Free Software Top Directorio de Blogs Hispanos