Linwind - De Windows a Linux

Microsoft quere xogar ao de sempre, agora con live.com

Escrito en: Sociedade, Windows o día 3 Xuño 2008

Leer en castellano: Microsoft quiere jugar a lo de siempre, ahora con live.com

Todos coñecemos o que fai Microsoft para vender os seus sistemas operativos… deixar que llo vendan! Se ti vas ao centro comercial e pides uncomputador, aínda que non queiras vénche con windows por defecto e se lle dis que cho quiten, a licenza cóbrancha igual… porque? por ter o computador un adhesivo horrible brillante que trae unha combinación de letras e números que a xente non sei porque termina por non utilizala e utilizar o xp pirata… pero non lle chega con iso, instálannos o seu software que é practicamente imposible de desinstalar e miles de cousas máis que non sabes nin para que son. Decátome por Marlex Systems agora tamén nos van a pór por defecto o buscador live.com … que fas unha procura e faicha a traves de live.com … que necesitas calquera cousa na rede pois a live.com.

Microsoft asinou un recente acordo que permitiría que os equipos de fábrica HP veñan co navegador Internet Explorer pre-configurado para realizar as procuras en directo desde Live.com

Así que comezen a posicionarse en LIVE.COM que todos os usuarios de IE vanvos chegar desa páxina! jeje

Non sei que pode gañar con isto HP á parte dunha burrada de millóns que lle pagará Microsoft, de momento mantengamonos á espera e pensemos que isto só sucederá coa marca HP.


Clic aquí para ayuda.
Articulos relacionados

Deixa unha resposta

Creative Commons License visitor stats Galaxia Linux Computers Blogs - Blog Top Sites TUXrank .. SITES Computers Blogs - Blog Top Sites Blogalaxia Ranking Web, top web por visitas, ranking sitios web TopOfBlogs Computers Blogs Computers Free Software Top Directorio de Blogs Hispanos