A brecha dixital segue aumentando

Escrito en: ADSL, Marcos, Sociedade o día 3 Maio 2008

Leer en castellano: La brecha digital sigue aumentando

Como seguramente moitos saberedes estes días a xente empeza a facer escoitar as súas protestas respescto a este tema, desde os foros da Asociación de Internautas lanzouse unha iniciativa de recollidas de firmas online.

Eu son galego e coñezo o que é a brecha dixital batante de cerca, en Galicia non só hai brecha dixital senón que directamente hai ruptura dixital. Pequenos núcleos urbanos non poden acceder ao adsl básico e estou casi seguro que algún pequeno pobo aínda non dispoñan nin dos 56k. O que nos están dicindo desde os gobernos e as grandes empresas é que non todos os humanos somos iguais senón que hai diferenzas. Un que vive nunha aldea de 100 habitantes non ten dereito a unha liña de adsl básica mentres que un que vive no centro da cidade pode acceder aos 20 mb ou nuns meses á FTTH que esta despregando telefónica. Eu sálvome e atópome noutra situación, só podo acceder á rede de telefónica 3MB como máximo. Isto sucede porque desde o goberno non se axuda ao resto de empresas a chegar aos pequenos núcleos urbanos fomentando o monopolio de telefónica, todo depende do goberno, subvencións… o que sexa… o que non podemos permitir é que unha persoa por vivir nun sitio ou outro teña menos ou máis dereitos. Non só ocorre con isto, isto é o mesmo que ocorre con todo, outro exemplo é a TDT eu pola TDT só consigo ver tve clantv tvg tvgamerica e pouco máis, así que xa se poden ir dando vida a pórme o resto de canles antes de que se produza o apagamento analóxico "¡Pola tv analóxica vexo máis do triplo de canles que pola dixital!" Dáme a min que algo esta a fallar. As novas tecnoloxías estanse dando de lado nas zonas de pouca poboación!E non só isto, senón que moita xente pola falta destas tecnoloxías múdase aos núcleos Urbanos o que provoca un gran despoboamento destas zonas.

Fai falta unha protesta común para solucionar esta brecha!

Apolla el ADSL en el Rural


Articulos relacionados

Deixa unha resposta

Creative Commons Licensevisitor statsGalaxia LinuxComputers Blogs - Blog Top SitesTUXrank .. SITESComputers Blogs - Blog Top SitesBlogalaxia Computers blogsTopOfBlogsComputers Blogs Computers