SSMunch, descarga e escoita música. Un dock diferente: Cairo-Dock
Mai 03

Leer en castellano: La brecha digital sigue aumentando

Como seguramente moitos saberedes estes días a xente empeza a facer escoitar as súas protestas respescto a este tema, desde os foros da Asociación de Internautas lanzouse unha iniciativa de recollidas de firmas online.

Eu son galego e coñezo o que é a brecha dixital bastante de cerca, en Galicia non só hai brecha dixital senón que directamente hai ruptura dixital. Pequenos núcleos urbanos non poden acceder ao adsl básico e estou casi seguro que algún pequeno pobo aínda non dispoñan nin dos 56k. O que nos están dicindo desde os gobernos e as grandes empresas é que non todos os humanos somos iguais senón que hai diferenzas. Un que vive nunha aldea de 100 habitantes non ten dereito a unha liña de adsl básica mentres que un que vive no centro da cidade pode acceder aos 20 mb ou nuns meses á FTTH que esta despregando telefónica. Eu sálvome e atópome noutra situación, só podo acceder á rede de telefónica 3MB como máximo. Isto sucede porque desde o goberno non se axuda ao resto de empresas a chegar aos pequenos núcleos urbanos fomentando o monopolio de telefónica, todo depende do goberno, subvencións… o que sexa… o que non podemos permitir é que unha persoa por vivir nun sitio ou outro teña menos ou máis dereitos. Non só ocorre con isto, isto é o mesmo que ocorre con todo, outro exemplo é a TDT eu pola TDT só consigo ver tve clantv tvg tvgamerica e pouco máis, así que xa se poden ir dando vida a pórme o resto de canles antes de que se produza o apagamento analóxico "¡Pola tv analóxica vexo máis do triplo de canles que pola dixital!" Dáme a min que algo esta a fallar. As novas tecnoloxías estanse dando de lado nas zonas de pouca poboación!E non só isto, senón que moita xente pola falta destas tecnoloxías múdase aos núcleos Urbanos o que provoca un gran despoboamento destas zonas.

Fai falta unha protesta común para solucionar esta brecha!

Apolla el ADSL en el Rural

Deixanos a tua resposta.

Creative Commons License

visitor stats