Linwind - De Windows a Linux

Facemos seis meses! Grazas!

Escrito en: Marcos o día 4 Abril 2008

Leer en Castellano: Hacemos seis meses! Gracias!

Seguramente moitos non vos fixariades pero xa levamos 6 meses. En primeiro agradecer a todos os lectores diarios do blog e todas esas persoas que se pasan de cando en vez que mostren un interese cara ao que escribo, de momento sei que os meus artigos son un pouco mediocres pero espero ir mellorando.

Linwind nun principio naceu coa idea de páxina persoal, de feito o seu titulo foi durente 3 meses “Marcos Dacosta Balboa” que máis dicir? Deixei de escribir sobre min a escribir sobre cousas que me gustan e as cousas que pasan pola rede que me chaman a atención, comecei a pór algúns truquillos que me atopo, cousas que me axudan no uso diario do PC, criticas especialmente cara a Windows etc… tamén teño que dicir que me equivoque nalgúns post que grazas a lectores como vós avisáronme e corrixino.

O que máis cambiou nestes 6 meses foron as visitas desde as 0 do primeiro mes que (só eran miñas) ás 100 do segundo 400 do terceiro 12.000 do cuarto mes , 30.000 do segundo mes e 60.000 deste último mes de marzo.

Clic encima para ampliar:
visitas-linwind

Preguntárdesvos que fixen no terceiro mes? Pois o primeiro cambiei a aparencia da páxina que era batante pesada pondolle o fondo negro con moitos menos gráficos, puxen as metas á páxina , darme de alta en todos os directorios que atopaba e algunhas cousillas máis que atopei en foros de SEO.

Estes 6 meses servíronme para aprender moitísimas cousas, especialmente que unha páxina non é só tela, hai cousas moito mais importantes como actualizala, dala a coñecer e que non todo conséguese cun só clic. Tamén me ensino a valorar o esforzo que fan moitas webs por manter as súas webs arriba e saber que isto non é cuestión de sorte.

Aprendín moito pero máis me queda por aprender especialmente coas faltas de ortografía a miña maior debilidade!

Grazas por estar aí !

Marcos Dacosta Balboa


Clic aquí para ayuda.
Articulos relacionados

Deixa unha resposta

Creative Commons License visitor stats Galaxia Linux Computers Blogs - Blog Top Sites TUXrank .. SITES Computers Blogs - Blog Top Sites Blogalaxia Ranking Web, top web por visitas, ranking sitios web TopOfBlogs Computers Blogs Computers Free Software Top Directorio de Blogs Hispanos