Linwind - De Windows a Linux

Todos contra o CANON

Escrito en: Protestas o día 10 Novembro 2007

Como todo sabedes na sociedade na que vivimos terminaremos pagando ata o aire que respiramos por iso vouvos animar a apoiar a: www.todoscontraelcanon.es

Os meus motivos son varios, o mais importante é : Nos non temos porque pagar un prezo por gravar os datos nun CD, ou no disco duro ou outras cousas, non é un sistema xusto (como moita outras cousas), estou dacordo con que as discográficas perden millóns pero non temos que pagar un diñeiro por algo que se cadra non usas para almacenar música, películas…. se quero gravar, por pór un exemplo, unha nova distribución de Linux , teño que pagarlle a unha unha discográfica……??? non nin de coña eu en todo caso pagaríalle encantado a os que se esforzaron en currarse ese código!

CANON :

* 1 computador con 160 GB de disco duro: 22 ? de canon
* 1 regrabadora de DVD?s de computador: 16,67 ? de canon
* 1 impresora multifunción: 10 ? de canon
* 1 cámara de fotos con memoria para 200 fotos: 9 ? de canon
* 1 reprodutor de DVD de salón: 6,61 ? de canon
* 1 equipo de música de salón: 0,60 ? de canon
* 1 liña ADSL 1 MB: 35 ? de canon anuais
* 200 CD?s virxes para gravar diversos datos: 50 ? de canon
* 100 DVD?s virxes para gravar diversos datos: 140 ? de canon

Isto non lle interesa a ninguén nin sequera aos propios artistas que realmente gañan cando son escoitados, cando se colga nunha web unha canción e descárgalla todo o mundo ,faise coñecida grazas a compartir, nós facémola famosa. Unha canción que non se comparte non se coñece, queda no anonimato, non creo que lle interese a un artista isto, non?? Eles comenten un erro con esta ideoloxía, non por cobrar mais van gañar máis senón pola publicidade e como todos sabemos a mellor publicidade é o boca a boca

Se queres apoiar a www.todoscontraelcanon.es deixa a túa firma aquí


Clic aquí para ayuda.
Articulos relacionados

Deixa unha resposta

Creative Commons License visitor stats Galaxia Linux Computers Blogs - Blog Top Sites TUXrank .. SITES Computers Blogs - Blog Top Sites Blogalaxia Ranking Web, top web por visitas, ranking sitios web TopOfBlogs Computers Blogs Computers Free Software Top Directorio de Blogs Hispanos